sep 22
Refranes ( en galego)
dilam @20:23:41, tb, 1330 lecturas.
- Abade que foi monaguillo,
ben sabe quen bebe o viño.
- Para escorrentar as meigas, allo; e para facer a augardente, leña de carballo.
- Esto din os obreiros de Matías:
Pasen noites e veñan días.
- O que non ten que facer, sacha os nabos antes de nacer.
- Ó mal pagador, máis vale darlle que prestarlle
- "Un pouco de caldo limpo e un pouco de desconfianza nunca lle fixeron mal a ninguén"
- "Pouco importa madrugar, se non hai gana de traballar"
- "Sán Antón Lacoeiro, 17 de Xaneiro, a sua festa lle fan o 13 de San Xoán."
- Amigo que non dá e coitelo que non corta, aínda que se perda, pouco importa.
-" O que regala non perde, se o que recibe o comprende".
-As malas noticias, chegan voando. E as boas, chegan coxeando.
-Non te poñas ó sol sen sombreiro, nin en agosto, nin en xaneiro.
-As sopas e os amores, os primeiros son mellores.