dic 05

O Concello de Lugo organiza a VII edición da Carreira Solidaria Lugo Monumental

dilam @17:54:56, tb, 206 lecturas.

Carreira Solidaria


A cita deportiva terá lugar o domingo 20 de decembro a partir das 11.00 horas.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 16 de decembro.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto a, Javier de Labra, Director de Galicia de Divina Pastora Seguros, Mirian Garabito, Responsable de UNICEF en Lugo, e o Director de Publicidad de El Progreso, Luis Barrio, a VIII Carreira Solidaria Lugo Monumental.

Esta proba, que terá lugar o domingo 20 de decembro, xa cumpre a súa oitava edición consolidándose no ranking de carreiras galegas e sendo moi ben valorada polos participantes.

O Concelleiro explicou que "tendo en conta os tempos que vivimos temos que aportar algo á sociedade e neste caso o mundo do deporte non se pode quedar a un lado, este ano vai a haber unha cuota de inscrición simbólica para os adultos co que se fará un donativo a UNICEF que destinará ao programa Gotas para Nixeria".

Como é tradicional celebrarase o domingo anterior ao Nadal e arrincará a por categorías a partir das 11:00 horas, abrindo a carreira os máis pequenos. A carreira absoluta comezará ás 12:00 horas. Aproveitando o tramo peonil da Ronda da Muralla, a saída instalarase neste punto en sentido a rúa Vilalba ata percorrer os 10 quilómetros que compoñen a carreira para os adultos e os percorridos de 300, 600, 1.000 e 1.500 metros para as categorías dos rapaces e rapazas.

O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o 4 ata o 16 de decembro ás 20:00 horas e pode formalizarse a través das páxinas web www.lugo.es, www.elprogreso.es, e www.championchipnorte.com ou ben persoalmente nas oficinas da Concellería de Deportes, ou ben no diario El Progreso.

Como en anos anteriores, os participantes poderán recoller os dorsais e os chips na carpa que instalará a organización na Praza de Anxo Fernández Gómez o sábado 19 de decembro de 17:00 a 20:30 horas e o domingo 20 de 9:00 a 10:30 horas.

Vía || lugo.es

Technorati tags:


Escribe tu comentario
 
 
Guardar datos
Escribe tu comentario:
captcha


Intenta que tu comentario sea interesante y con información relevante al tema de la entrada. BBCodes disponibles: [url=http://direccion]texto[/url], negrita: [b]texto[/b], itálica: [i]texto[/i], subrayada: [u]texto[/u]. Para mencionar o citar a alguien (quote): [cita]texto[/cita]