Ditos e Refráns 1446 ( en galego )
Castañas, noces e viño,
fan as delicias de San Martiño.
A castaña maduriña,
ou cocida ou asadiña.
Aire de Meira,
caldeiro á goteira.
Aire de Lugo,
auga nun puño.
A castaña ten a maña,
que se vai,
con quen a apaña.
Ben fala,
quen cala.
Cazador e troiteiro,
nin boa meda nin bo palleiro.
Burro morto,
cebada ó rabo.