Lugo. O concello organiza cursos gratuitos de micoloxía
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela, organiza un ano máis as Xornadas de Micoloxía que en cada edición realizan decenas de lucenses e teñen unha elevada demanda.
Así do 26 ao 31 de outubro terán lugar as clases do primeiro nivel no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra a partir das 20:00 horas. Entre o día 26 e o 30 terán lugar as clases teóricas e o último día do curso, o 31 de outubro, celebrarase unha saída ao campo.
Para as persoas que xa teñen coñecementos micolóxicos o curso terá lugar entre o 9 e o 15 de novembro no mesmo centro municipal e co mesmo horario, celebrándose as saídas ao campo os días 14 e 15.
As clases serán impartidas polo doctor en veterinaria Julián Alonso Díaz.
O prazo para inscribirse nalgunha das 50 prazas ofertadas para cada un dos niveis comezaron hoxe, venres 16 de outubro, na Oficina Municipal de Información ao Consumidor situada na Ronda da Muralla nº 197.
A entrega de diplomas e degustación terá lugar o 16 de novembro, ás 20:00 horas no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.
O obxectivo da Concellería de Servizos Xerais coa organización destes cursos é o de formar a todos os lucenses á hora de recoller os cogumelos do campo, xa que a toxicidade de moitos deles pode poñer en peligro a vida das persoas.