argalladas blog: Tag engalego

  • Adiviñas 0003

    por dilam
    - 2625 lecturas

    Longa, longa como una soga E ten dentes coma una loba. (respuesta) A silva   Ver máis:

  • Adiviñas 0002

    por dilam
    - 2312 lecturas

    Un convento moi cerrado con ventás e sen torres con moitas monxiñas dentro facendo doce de flores. (respuesta) A colmea   Ver máis:

  • Adiviñas 0001

    por dilam
    - 2454 lecturas

    Dúas mais e dúas fillas Cubertas con tres mantillas E cada una leva a súa. (respuesta) Avoa, filla e neta.   Ver máis:

  • Cantares dos nosos avós 0002 (en galego)

    por dilam
    - 2103 lecturas

    Carmiña Carmiña ¡Que pena me dás! Na guerra de Cuba morreuche o rapaz, morreuche, morreuche déixao morrer que para ti Carmiña outro ha de haber.   O cantar da costureira É un cantar que non se acaba Que empeza con tai-na-ni-na e acaba con tai-na-na-na.   Se queres que o ...

  • Ditos e Refráns 0001 ( en galego )

    por dilam
    - 2599 lecturas

    As raposas e as galiñas, son malas veciñas. A sardiña de abril, vale pernil. Abril e maio, son a chave de todo o ano. Ano ruín, cando chove moito en xaneiro, e neva en abril. Abril se por mal quere vir, nin as portas deixa abrir. Ata o corenta de ...

  • Cantares dos nosos avós 1583 (en galego)

    por dilam
    - 2085 lecturas

    Como te ves con camisa, xa coidas que eres grandeza, non sal o toxo de toxo por froleado que esteña. Non se acanea unha folla, todo esta noite está calmo, ¡ai, quen poidera decire, coa mau no pieto, outro tanto! O meu home veu das Indias, regaloume unha navalla ...

  • Ditos e Refráns 1568 ( en galego )

    por dilam
    - 2332 lecturas

    Domingo de ramos lava os teus panos, que o de paixón, ou os lavarás ou non. Dos corenta para riba, non molle-la barriga. A auga de abril, enche o carro e mailo carril. Abril que non chove, deixa ó labrego pobre. Entre marzo e abril, sale o cuco do ...

  • Cántiga. 1536

    por dilam
    - 2320 lecturas

    No xardín unha noite sentadaó refrexo do branco luar,unha nena choraba sin trégolasos desdés dun ingrato galán. I a coitada entre quiexas decía:"Xa no mundo non teño a ninguén,vou morrer e non ven os meus ollosos olliños do meu doce ben".Os seus ecos de malenconíacamiñaban nas alas do vento,i ...

  • Cantares dos nosos avós 1532 (en galego)

    por dilam
    - 2375 lecturas

    A castaña no ourizoeu ben sei o que fai se está verde madura e, se está madura, cae ¡Arriba Casilda! ¿qué queres Manuel?castañas asadas e viño con mel. Un xastre non é un home. As aveas non son pan.As cabras non son ovellas.E a cadela non é can. VER ...

  • Os mozos 1529

    por dilam
    - 2426 lecturas

    ¡Qué triste está a aldea, que triste e que sola! A terra sin frutos, a feira sin xente, sin nenos a escola, sin sol o hourizonte, sin fror a semente! A pedra i as nubes a sembra arrasando,agoiran un ano de fame sombría,sin pan os labregos,nin herba pró gando,¿Que ...

  • Adiviñas 1525

    por dilam
    - 2696 lecturas

    Cucurico non ten ollos, cu nin bico, e os fillos de cucurico teñen ollos, cu e bico. (respuesta) O ovo e o pitiño   Ver máis:

  • Adiviñas 1524

    por dilam
    - 2485 lecturas

    Anda e non ten pes, come e non ten boca, e toda a comida lle parece pouca. (respuesta) O muiño   Ver máis:

  • Adiviñas 1523

    por dilam
    - 2722 lecturas

    Estou pensando, pensando, de pensar vólvome tola. Coa sogra da muller de meu irmán, ¿Qué parentesco me toca? (respuesta) A miña nai   Ver máis:

  • Adiviñas 1476

    por dilam
    - 2225 lecturas

    Somos sete irmáns que só vivimos un día cando un nace, outro morre e así pasámo-la vida. (respuesta) A semana   Ver máis:

  • Adiviñas 1471

    por dilam
    - 2515 lecturas

    Voo sen ás, asubío sen boca azouto sen mans, e ti non me ves. (respuesta) O vento   Ver máis:  

  • Ditos e Refráns 1464 ( en galego )

    por dilam
    - 4864 lecturas

    -Amiguiños sí pero a vaquiña polo que vale. -Fai o que che digo e non fagas o que eu fago. -Nunca faltou un roto pra un descosido nin un corno pra un atrevido. -Algo é algo decía a vella cando lle pasaba o rabo do gato polo medio das pernas. ...

  • Lendas. O Home-lobo 1462 (en galego)

    por dilam
    - 2116 lecturas

    Un pai moi anoxado maldicía ó seu fillo, ó que lle gustaban moito máis as mozas, as festas e as troulas, co traballo. Maldicíao coas seguintes palabras: "Como vas tralas mozas, permita Deus que andes tras das lobas". E dito e feito o mozo desapareceu, converteuse en lobo e ...

  • Ditos e Refráns 1460 ( en galego )

    por dilam
    - 26823 lecturas

    -Nunca choveu que non escampara. -Ó dito dito e ó feito peito. -Polo San Miguel, sabe o touciño a mel. -Non hai peor cuña ca da misma madeira. -Chímpalle outra gaseosa. -É mais o ruido cas noces. -Non por moito madrugar amanece mais cedo. -Este cree nos paxariños preñados. ...

  • Ditos e Refráns 1446 ( en galego )

    por dilam
    - 7393 lecturas

    Castañas, noces e viño, fan as delicias de San Martiño. A castaña maduriña, ou cocida ou asadiña. Aire de Meira, caldeiro á goteira. Aire de Lugo, auga nun puño. A castaña ten a maña, que se vai, con quen a apaña. Ben fala, quen cala. Cazador e troiteiro, nin ...

  • Ditos e Refráns 1427 ( en galego )

    por dilam
    - 3245 lecturas

    -Pico, pico Mazarico -¿Quen che deu tan largo pico? -Deumo Deus para o meu traballo, para picar naquel carballo. E piquei e repiquei, un gran de millo encontrei, leveino ó muiño a moer. E o muiño a moer, e os ratos a comer. Agarrei un polo rabo, e tireino ...