Cantares dos nosos avós 1583 (en galego)

Como te ves con camisa,
xa coidas que eres grandeza,
non sal o toxo de toxo
por froleado que esteña.
Non se acanea unha folla,
todo esta noite está calmo,
¡ai, quen poidera decire,
coa mau no pieto, outro tanto!
O meu home veu das Indias,
regaloume unha navalla
cun letreiro que decía:
se queres comer, traballa.
Moito che quero, vaquiña...
mentras me días o leite,
que o día que non mo días,
lévote a feira a venderte.
Coma o páxaro, no niño,
como a troita no remanso,
así me tes, miña nena,
cando te teño ó meu lado.