abr 12
Cantares dos nosos avós (en galego)
dilam @19:09:50, tb, 1097 lecturas.
O que ten muller fea
grande regalía ten,
traballa coma a máis guapa
e non lla envidia ninguén.
Alá arriba non sei onde
encontrei non sei con quen
á porta de xa me esquece,
non me podo acordar ben.
-Preguiza ¿queres pan?
-Si señora se mo dan
-Preguiza, vai polo coitelo.
-¡Ai! non Señora, non o quero.
A castaña no ourizo
arrabea e non cae,
así fai a boa nena
que se guía por seu "pae"
Unha noite no muiño,
unha noite non é nada;
unha semana enteira,
esta si que é muiñada.
Troquei o meu corazón,
por un ramiño de ameixas.
Vaite con Dios, corazón,
xa que te vas e me deixas.
Estate quedo,
non seas enredo,
ainda que esto digo
enreda conmigo.
Non hai cantiga no mundo
que non teña seu refrán;
nunca ninguén faga conta
senón do que ten na man.
Unha vella moito vella,
máis vella que un San Antón,
botaba a teta ó lombo,
e arrastráballe o pezón.
Neniña que estás na cama
entre sábanas de liño:
tes unha mau na tetiña,
e a outra no paxariño.
Cada vez que vou á misa
e che vexo persinar,
os ollos poño en tí
e o corazón no altar.
O cura desta parroquia
deixa dito a criada:
nena, si non veño logo,
déitate na miña cama.
Moreniño, moreniño,
moreno como unha mora.
Non sei que ten o moreno
que a todo o mundo enamora.
Namoreime de ti, nena,
ó ver que cantabas ben;
ahora morro de fame;
teu cantar non me mantén.
Naquela banda do río
ten meu pai un castiñeiro;
dá castañas en agosto,
uvas blancas en xaneiro.
Heime de embarcar nun barco,
nun barquiño de papel,
andareime toda a vida
para ver ó meu Manuel.
Mais o que ben quixo un día,
si a querer ten afición
sempre lle queda unha mágoa
dentro do seu corazón.
O paxaro, cando chove,
mete o rabo na silveira,
así fan as boas mozas
cando non hai quen as queira.
Este neno ten soniño,
ten ganiñas de durmir,
ten un olliño pechado,
outro xa non pode abrir.
Anque che son da montaña,
anque che son montañesa,
anque che son, non me pesa.
O cura chamoume rosa,
eu tamén lle respondín,
desas rosas, señor cura,
non as ten no seu xardín.
Manuel Manueliño,
Manuel feito de cera.
¡Quen me dera ser o lume
que a Manuel derretera.
Eu arrolei a miniña,
eu arrolei o amor,
eu arrolei a rapaza,
outro levoulle o mellor.
Fun ao muiño do meu compadre,
fun polo vento, vin polo aire.
Catro aves escolllidas
son as que pasan o mar:
o cuco e a golondrina,
a rula e o paspallás.
Canta paxariño,
canta que tes alegría,
que non se fai cousa de noite
que non se saiba de día.
O galo canta,
a pita chora,
porque lle quedaron,
os pitos fora.
¡Para o probe non hai padriño.
Nin porta ningunha aberta
¡Para o probe non hai nin xustiza
se o brazo torto non leva!.
O cantar do galeguiño
é cantar que nunca acaba,
empeza con tailalila
e acaba con tailalala
Dame viño, dame viño,
auga non cha podo ver.
Sonche desta condición
e con ela hei de morrer.
Cando chove e fai sol
anda o demo por Ferrol
con un saco de alfileres
para pica_las mulleres.
Eu teño unha navalla nova
tres pesetas me costou,
catro ben as vale,
cinco xa mas dan,
o que a queira en seis,
que veña á miña casa
buscala en sete.
Que en oito, pode ser que lla deixe.
A saia da Carolina
ten un lagarto pintado
que llo pintou o ferreiro
coa chavella do arado.