argalladas blog: Tag cantares

  • Cantares dos nosos avós 0002 (en galego)

    por dilam
    - 2106 lecturas

    Carmiña Carmiña ¡Que pena me dás! Na guerra de Cuba morreuche o rapaz, morreuche, morreuche déixao morrer que para ti Carmiña outro ha de haber.   O cantar da costureira É un cantar que non se acaba Que empeza con tai-na-ni-na e acaba con tai-na-na-na.   Se queres que o ...

  • Cantares dos nosos avós 1583 (en galego)

    por dilam
    - 2089 lecturas

    Como te ves con camisa, xa coidas que eres grandeza, non sal o toxo de toxo por froleado que esteña. Non se acanea unha folla, todo esta noite está calmo, ¡ai, quen poidera decire, coa mau no pieto, outro tanto! O meu home veu das Indias, regaloume unha navalla ...

  • Cantares dos nosos avós 1532 (en galego)

    por dilam
    - 2381 lecturas

    A castaña no ourizoeu ben sei o que fai se está verde madura e, se está madura, cae ¡Arriba Casilda! ¿qué queres Manuel?castañas asadas e viño con mel. Un xastre non é un home. As aveas non son pan.As cabras non son ovellas.E a cadela non é can. VER ...

  • Cantares dos nosos avós 1349 (en galego)

    por dilam
    - 2448 lecturas

    Cantade, nenas, cantade, e deixade rir ás vellas, que o tempo da mocedade tamén o pasaron elas. ---------------------------- Os tres días de casada xa che diron unha tunda: si o saben as solteiras, non se vai casar ningunha. VER MAIS

  • Cantares dos nosos avós 1333 (en galego)

    por dilam
    - 2526 lecturas

    Adiós, miña meniña, adiós, meu ringo rango, tocadora das ferreñas, bailadora do fandango. ---------------------- Adiós, rapaciña adiós: eu para tí xa non era, anque máis altos navíos navegan con menos vela. VER MAIS

  • Cantares dos nosos avós 1328 (en galego)

    por dilam
    - 2506 lecturas

    Este pandeiro que toco non é meu, que é de María, que llo pedín emprestado para ir á romería. --------------------- Rosa branca, ¡bota flores! non te quedes desmaiada, pois dirán as outras flores: Rosa branca non val nada. VER MAIS

  • Lenda do "Pozo Bastón" 1301

    por dilam
    - 2626 lecturas

    Un soldado de Araño foi servir ó Rei a África. Alí falou cun mouro que lle preguntou de onde era e de que zona. Cando llo dixo o soldado, o mouro preguntoulle se sabía onde estaba o Pozo Bastón, que alí tiña el enterradas tres fillas, e que non ...

  • Cantares dos nosos avós 1256 (en galego)

    por dilam
    - 2429 lecturas

    Eu teño unha navalla nova tres pesetas me costou, catro ben as vale, cinco xa mas dan, o que a queira en seis, que veña á miña casa buscala en sete. Que en oito, pode ser que lla deixe. VER MAIS