Cantares dos nosos avós 0002 (en galego)
Carmiña Carmiña
¡Que pena me dás!
Na guerra de Cuba
morreuche o rapaz,
morreuche, morreuche
déixao morrer
que para ti Carmiña
outro ha de haber.
O cantar da costureira
É un cantar que non se acaba
Que empeza con tai-na-ni-na
e acaba con tai-na-na-na.
Se queres que o carro cante
móllalle o eixo con viño,
cárgalle una boa carrada
e asubiará polo fino.