Lenda do "Pozo Bastón" 1301
Un soldado de Araño foi servir ó Rei a África. Alí falou cun mouro que lle preguntou de onde era e de que zona. Cando llo dixo o soldado, o mouro preguntoulle se sabía onde estaba o Pozo Bastón, que alí tiña el enterradas tres fillas, e que non sabía o que lle daría se llas trouxese. Deulle ó soldado tres bolos de pan e uas instruccións que tería que seguir. Chegado á casa, deixou os bolos riba da mesa e ó velos a súa muller cortou unha rabada dun deles. O soldado reprendeuna, pero o mal xa estaba feito. Colleu os pans e foi ó Pozo Bastón, xa alí, botou un ó pozo e saíu unha moza moi guapa. Botou o segundo e saíu outra. Logo botou o cortado e saíu unha terceira moza, coxa, que caeu e arrastrou con ela ás outras dúas. E aínda seguen alí.
Lendas Galegas de Tradición Oral.-X.M. González Reboredo.