argalladas blog: Tag engalego (página 2)

  • Ditos e Refráns 1419 ( en galego )

    por dilam
    - 2241 lecturas

    -O sol díxolle á lúa retírate bandoleira que muller que anda de noite non pode ser cousa boa. -¡É coma mallar en ferro frío! -¡Saíuche furada! -¡Manda truco! -¡Eso dá que tecer! -¡Deus castiga sen pao e sen pedra! -¡E despois corremos todos! -¡Vai feito un perincel! Ver máis:

  • Ditos e Refráns 1405 ( en galego )

    por dilam
    - 2317 lecturas

    Fillos criados, traballos dobrados. O diñeiro do pobre, aínda que queira non pode. O viño que e chispeiro, non precisa pregoeiro. Ver máis:

  • Adiviñas 1370

    por dilam
    - 2440 lecturas

    Cen damas nun curral todas bailan un bailar, todas cantan un cantar, que será para adiviñar. (resposta) As goteiras   Ver máis:  

  • Adiviñas 1364

    por dilam
    - 2572 lecturas

    Alto pimpín redondo molete que chova, que neve, non se derrete. (resposta) O sol   Ver máis:  

  • Ditos e Refráns 1355 ( en galego )

    por dilam
    - 2447 lecturas

    Bola quente, e auga fría tres días de cagarría. -------------- Baguiño a baguiño, fixo unha vella, unha pipa de viño. --------------- Barriga chea, non sente pena. Ver máis:

  • Cantares dos nosos avós 1349 (en galego)

    por dilam
    - 2451 lecturas

    Cantade, nenas, cantade, e deixade rir ás vellas, que o tempo da mocedade tamén o pasaron elas. ---------------------------- Os tres días de casada xa che diron unha tunda: si o saben as solteiras, non se vai casar ningunha. VER MAIS

  • Ditos e Refráns 1348 ( en galego )

    por dilam
    - 2779 lecturas

    A burro vello, máis carga e peor aparello. ------------------ A faneca de xaneiro, vale carneiro. ------------------ A falta de pan boas son tortas. Ver máis:

  • Adiviñas 1345

    por dilam
    - 2261 lecturas

    Pucho sobre pucho, pucho do mesmo pano, senón cho digo, non adiviñas no ano. (respuesta) A cebola   Ver máis:

  • Ditos e Refráns 1338 ( en galego )

    por dilam
    - 4924 lecturas

    Decembro. O Nadal. -A castaña no nadal, sabe ben e parte mal. -As festas do ano por onde quixeres, as Navidades, coas túas mulleres. -Pola santa Lucía mengua a noite e medra o día -No Nadal inverno a fartar -No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e ...

  • Cantares dos nosos avós 1333 (en galego)

    por dilam
    - 2524 lecturas

    Adiós, miña meniña, adiós, meu ringo rango, tocadora das ferreñas, bailadora do fandango. ---------------------- Adiós, rapaciña adiós: eu para tí xa non era, anque máis altos navíos navegan con menos vela. VER MAIS

  • Cantares dos nosos avós 1328 (en galego)

    por dilam
    - 2507 lecturas

    Este pandeiro que toco non é meu, que é de María, que llo pedín emprestado para ir á romería. --------------------- Rosa branca, ¡bota flores! non te quedes desmaiada, pois dirán as outras flores: Rosa branca non val nada. VER MAIS

  • Ditos e Refráns 1324 ( en galego )

    por dilam
    - 4639 lecturas

    Novembro e a castaña. -De Santos a Navidá é inverno de verdá. -A todo porquiño lle chega o seu San Martiño. -Despois de San Martiño, deixa a auga e bebe viño. -Castañas, noces e viño fan a ledicia de San Martiño. -A castaña que está no camiño é do ...

  • Lenda do "Pozo Bastón" 1301

    por dilam
    - 2631 lecturas

    Un soldado de Araño foi servir ó Rei a África. Alí falou cun mouro que lle preguntou de onde era e de que zona. Cando llo dixo o soldado, o mouro preguntoulle se sabía onde estaba o Pozo Bastón, que alí tiña el enterradas tres fillas, e que non ...