Ditos e Refráns 1338 ( en galego )

Decembro. O Nadal.
-A castaña no nadal, sabe ben e parte mal.
-As festas do ano por onde quixeres, as Navidades, coas túas mulleres. -Pola santa Lucía mengua a noite e medra o día
-No Nadal inverno a fartar
-No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote.
-No mes de Nadal, a carón da lareira vaite sentar.
-Mentres Deus non é nacido nada é crecido.
-Frío por Nadal, calor desde san Xoán.
-Tantos días sol en nadal como de auga en san Xoán.
-Polas vendimias vende as túas galiñas, pola Navidade vólveas mercar.
-Polo Nadal, cada ovella, ó seu corral.

Ver máis:

por dilam
- 5024 lecturas
engalego refrans
blog comments powered by Disqus