Ditos e Refráns 243 ( en galego )
- Abade que foi monaguillo, ben sabe quen bebe o viño.
- Para escorrentar as meigas, allo; e para facer a augardente, leña de carballo.
- Esto din os obreiros de Matías:
Pasen noites e veñan días.
- O que non ten que facer, sacha os nabos antes de nacer.
- Ó mal pagador, máis vale darlle que prestarlle
- "Un pouco de caldo limpo e un pouco de desconfianza nunca lle fixeron mal a ninguén"
- "Pouco importa madrugar, se non hai gana de traballar"
- "Sán Antón Lacoeiro, 17 de Xaneiro, a sua festa lle fan o 13 de San Xoán."
- Amigo que non dá e coitelo que non corta, aínda que se perda, pouco importa.
-" O que regala non perde, se o que recibe o comprende".
-As malas noticias, chegan voando. E as boas, chegan coxeando.
-Non te poñas ó sol sen sombreiro, nin en agosto, nin en xaneiro.
-As sopas e os amores, os primeiros son mellores.
-"Polo San Martiño, fai lume e quenta o fuciño".
-"Castañas, noces e viño, fan a ledicia de San Martiño".
-"O chegar o San Martiño, mátase o porco, e bébese o viño".
-A moita fame, non hai pan duro.
-En xaneiro,frio no corpo enteiro.
-No mes de xaneiro, sete capas e un sombreiro.
-En xaneiro, polo día ao sol e a noite ao braseiro.
-Dezasete de xaneiro, San Antón verdadeiro..
-Febreiro, xeada na leira, cachopo na lareira.
-Cando o galo pica á pita,aínda, aínda.
Cando a pita pica ó galo,
malo, malo.
-Cada un fala da feira segundo lle vai nela.
-Días de decembro, días de amargura.
Apenas amence, xa é noite escura.
-Amigos que loitan
por un codelo,
ou a fame é moita
ou o querer é pequeno.
Abrígate en febreiro,
con dúas capas
e un sombreiro.
Cando no chove en febreiro,
nin bo prado nin bo palleiro.
A neve febreiriña
pícaa a galiña.
-¡ Estache boa a navalla que non corta o queixo!
-¡ Non lle cabe un gran de millo no cu!
-¡ Has de ver a Deus polo cu dunha agulla!
-¡ Es máis rallante cá contribución!
-¡ Mentres capo no chifro!
-¡ Non é trigo limpo!
-¡ Lambeute a vaca marela!
-¡ É un xan!
-¡ Ainda non perdiche-la casca do cu!
-¡ Vaia polas ánimas!
-¡ É unha taravela!
-¡ É un cu de medo!
Ovos de marzo,
pitos de abril,
seis meses no curral,
mes e medio na capoeira,
e no Nadal preside a mesa real.
Hasta a folliña do millo
sabe tamén de picardía:
garda o orballo da noite
para beber polo día.
Novembro e a castaña.
-De Santos a Navidá é inverno de verdá.
-A todo porquiño lle chega o seu San Martiño.
-Despois de San Martiño, deixa a auga e bebe viño.
-Castañas, noces e viño fan a ledicia de San Martiño.
-A castaña que está no camiño é do veciño.
-Sempre un porco ruín ha topar cunha boa castaña.
-Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo, se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.
Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto,
non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ó chamosco.
-------------------------------
¿Para que subes tan alto,
atrevido pensamento?
¿Para que tan alto subes,
se tes que baixar co tempo?
Decembro. O Nadal
-A castaña no nadal, sabe ben e parte mal.
-As festas do ano por onde quixeres, as Navidades, coas túas mulleres.
-Pola santa Lucía mengua a noite e medra o día
-No Nadal inverno a fartar
-No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote.
-No mes de Nadal, a carón da lareira vaite sentar.
-Mentres Deus non é nacido nada é crecido.
-Frío por Nadal, calor desde san Xoán.
-Tantos días sol en nadal como de auga en san Xoán.
-Polas vendimias vende as túas galiñas, pola Navidade vólveas mercar.
-Polo Nadal, cada ovella, ó seu corral.
-------------------------------
A burro vello,
máis carga e peor aparello.
A faneca de xaneiro,
vale carneiro.
A falta de pan
boas son tortas.
Bola quente, e auga fría
tres días de cagarría.
Barriga chea,
non sente pena.
Baguiño a baguiño,
fixo unha vella,
unha pipa de viño.
Miña nai, mire meu pai
que calzós novos lle ten:
son abertos por diante
para poder mexar ben.
Fillos criados,
traballos dobrados.
O diñeiro do pobre,
aínda que queira non pode.
O viño que e chispeiro,
non precisa pregoeiro.
-¡Non está o forno para bolos!
-¡Deixa de cacarexar, e pon o ovo!
-¡No meu carro non vai á misa!
-¡Nunca choveu que non escampara!
-¡Andar á sopa boba!
-O sol díxolle á lúa
retírate bandoleira
que muller que anda de noite
non pode ser cousa boa.
-¡É coma mallar en ferro frío!
-¡Saíuche furada!
-¡Manda truco!
-¡Eso dá que tecer!
-¡Deus castiga sen pao e sen pedra!
-¡E despois corremos todos!
-¡Vai feito un perincel!
Pico, pico Mazarico
¿Quen che deu tan largo pico?
Deumo Deus para o meu traballo, para picar naquel carballo.
E piquei e repiquei, un gran de millo encontrei,
leveino ó muiño a moer.
E o muiño a moer, e os ratos a comer.
Agarrei un polo rabo, e tireino contra un carballo.
Agarrei un polas orellas, e tireino entre as ovellas.
Agarrei un polos pés, e tireino de revés
Acabáronse os ratiños, e tamén os meus graíños.
-¡Nunca falta un roto para un descosido!
-¡Non hai quen o traiga ó rego!
-¡Eche raposo vello!
-¡Vaia o demo con todo!
-¡Os cachos tiran ás olas!
Castañas, noces e viño,
fan as delicias de San Martiño.
A castaña maduriña,
ou cocida ou asadiña.
Aire de Meira,
caldeiro á goteira.
Aire de Lugo,
auga nun puño.
A castaña ten a maña,
que se vai,
con quen a apaña.
Ben fala,
quen cala.
Cazador e troiteiro,
nin boa meda nin bo palleiro.
Burro morto,
cebada ó rabo.
-Nunca choveu que non escampara.
-Ó dito dito e ó feito peito.
-Polo San Miguel, sabe o touciño a mel.
-Non hai peor cuña ca da misma madeira.
-Chímpalle outra gaseosa.
-É mais o ruido cas noces.
-Non por moito madrugar amanece mais cedo.
-Este cree nos paxariños preñados.
-Anque me botes os cans ó rabo, léveme o demo se deixo o nabo.
-Fillo eres, pai serás asegún fixeres así atoparás.
-Burro grande, ande ou non ande.
-Eche o que hai.
-Non hai pega sin mancha negra.
-Pro bo traballador non haiI ferramenta mala.
-A cabra que tira ó monte, non haiI cabreiro ca garde.
-Corre coma si lle meteran un foguete polo cu.
-Costa abaixo todos os santos axudan.
-Foi a por lana e saiu trasquilado.
-Amiguiños sí pero a vaquiña polo que vale.
-Fai o que che digo e non fagas o que eu fago.
-Nunca faltou un roto pra un descosido nin un corno pra un atrevido.
-Algo é algo decía a vella cando lle pasaba o rabo do gato polo medio das pernas.
-Estás na horta e non ves as berzas.
-Home pequeno, fol de veneno.
-Quen ten ansia non dorme.
-Auga parada non move muiño.
-Xente nova e leña verde todo é fume.
-Vai mirar como mexan as pitas.
-No país dos cegos o chosco é o rei.
-Hai que ver, oir e calar.
- Malo será.
-Tí ten paciencia que tamén a tuvo Xan do Outeiro e morreu solteiro.
-Outra vaca mais no millo.
-E tí de quen ves sendo?
-Ovella que berra, bocado que perde.
-O comer e o rascar todo quere empezar.
-Agora xa foi, Marica non chores.
-O amor é lume, pero nel non ferve o caldo.
-Era boa si colara.
As raposas e as galiñas, son malas veciñas.
A sardiña de abril, vale pernil.
Abril e maio, son a chave de todo o ano.
Ano ruín, cando chove moito en xaneiro, e neva en abril.
Abril se por mal quere vir, nin as portas deixa abrir.
Ata o corenta de maio, non quite-lo saio.
Abril frío e fornos quentes, alegría para os meus dentes.
Cando abril recacha, aínda a vella quiema a racha.
Come leite e bebe viño, e de vello serás mociño.
A mellor festa galega
ten que lucir un gaiteiro,
que habendo gaita e mociñas
non se precisa diñeiro.
Durme ruliño,
se dormes moito
hei de mercarche
un garridiño, no dezaoito.
Sete sastres fan un home
catorce fan un testigo,
e vintecatro fan falta
para firmar un recibo.