Ditos e Refráns 1324 ( en galego )

Novembro e a castaña.
-De Santos a Navidá é inverno de verdá.
-A todo porquiño lle chega o seu San Martiño.
-Despois de San Martiño, deixa a auga e bebe viño. -Castañas, noces e viño fan a ledicia de San Martiño.
-A castaña que está no camiño é do veciño.
-Sempre un porco ruín ha topar cunha boa castaña.
-Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo, se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.

Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto,
non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ó chamosco.

Ver máis:

por dilam
- 4771 lecturas
engalego refrans
blog comments powered by Disqus