Lendas. O Home-lobo 1462 (en galego)

Un pai moi anoxado maldicía ó seu fillo, ó que lle gustaban moito máis as mozas, as festas e as troulas, co traballo.
Maldicíao coas seguintes palabras: "Como vas tralas mozas, permita Deus que andes tras das lobas". E dito e feito o mozo desapareceu, converteuse en lobo e comezou a vagar polos montes da localidade.

O pai ó sabelo desaparecido, arrepentiuse da súa maldición, e buscou consello nunha meiga que lle deu a solución para desenmeigalo.

"Facelo sangrar sin que sufrira un dano grave para que non lle influira despois".

O pai levou un animal como cebo para atraelo lobo, esperou no medio do bosque e cando se achegou, cravoulle a punta do coitelo mentras chamaba ó seu fillo. A ferida medrou ata que se desprendeu toda a pel do lobo e saíu o fillo, liberado da súa maldición, que por ser do pai, era a peor que lle podía caer.

VER MAIS

por dilam
- 2132 lecturas
contos engalego lendas refranes
blog comments powered by Disqus