Ditos e Refráns 0001 ( en galego )
As raposas e as galiñas, son malas veciñas.
A sardiña de abril, vale pernil.
Abril e maio, son a chave de todo o ano.
Ano ruín, cando chove moito en xaneiro, e neva en abril.
Abril se por mal quere vir, nin as portas deixa abrir.
Ata o corenta de maio, non quite-lo saio.
Abril frío e fornos quentes, alegría para os meus dentes.
Cando abril recacha, aínda a vella quiema a racha.
Come leite e bebe viño, e de vello serás mociño.
A mellor festa galega
ten que lucir un gaiteiro,
que habendo gaita e mociñas
non se precisa diñeiro.
Durme ruliño,
se dormes moito
hei de mercarche
un garridiño, no dezaoito.
Sete sastres fan un home
catorce fan un testigo,
e vintecatro fan falta
para firmar un recibo.