Ditos e Refráns 1568 ( en galego )

Domingo de ramos
lava os teus panos,
que o de paixón,
ou os lavarás ou non.

Dos corenta para riba,
non molle-la barriga.

A auga de abril,
enche o carro
e mailo carril.

Abril que non chove,
deixa ó labrego pobre.

Entre marzo e abril,
sale o cuco do cubil.

En marzo,
podar e cavar
se é que queres colleitar.

Hai que limpar,
cando vai aire.

Marzo, marzán,
pola mañá cara de rosa,
pola tarde cara de can.

Ver máis:

por dilam
- 2465 lecturas
engalego refranes
blog comments powered by Disqus