Os mozos 1529

¡Qué triste está a aldea,
que triste e que sola!
A terra sin frutos, a feira sin xente, sin nenos a escola,
sin sol o hourizonte, sin fror a semente!

A pedra i as nubes
a sembra arrasando,
agoiran un ano de fame sombría,
sin pan os labregos,
nin herba pró gando,
¿Que vai ser deles na crúa invernía?

Manadas famentas
de lobos montesos
baixaron das chouzas na noite calada,
e postos en ringla,
cos ollos acesos,
acenan dos probes prá porta pechada...

Mociños honrados
de sangue bravía,
si ó mal dos petrucios non fordes alleos
librádeos da morte,
¡facei montería
nos lobos da terra, nos lobos dos ceos!

AIRES DA MIÑA TERRA
Manuel Curros Enríquez

por dilam
- 2441 lecturas
contos curros engalego enriquez
blog comments powered by Disqus