Ditos e Refráns 1464 ( en galego )

-Amiguiños sí pero a vaquiña polo que vale.
-Fai o que che digo e non fagas o que eu fago.
-Nunca faltou un roto pra un descosido nin un corno pra un atrevido.
-Algo é algo decía a vella cando lle pasaba o rabo do gato polo medio das pernas. -Estás na horta e non ves as berzas.
-Home pequeno, fol de veneno.
-Quen ten ansia non dorme.
-Auga parada non move muiño.
-Xente nova e leña verde todo é fume.
-Vai mirar como mexan as pitas.
-No país dos cegos o chosco é o rei.
-Hai que ver, oir e calar.
- Malo será.
-Tí ten paciencia que tamén a tuvo Xan do Outeiro e morreu solteiro.
-Outra vaca mais no millo.
-E tí de quen ves sendo?
-Ovella que berra, bocado que perde.
-O comer e o rascar todo quere empezar.
-Agora xa foi, Marica non chores.
-O amor é lume, pero nel non ferve o caldo.
-Era boa si colara.

Ver máis:

por dilam
- 4865 lecturas
engalego refrans
blog comments powered by Disqus