Lugo Máxico 2009

 

Lugo Máxico 2009

 


A 7ª Semana Internacional da Maxia trae a Lugo o mellor espectáculo do mundo do alemán MARKUS ZINK
Lugo Máxico 2009 encherá de maxia a cidade entre o 1 e o 7 de novembro.
O Mago Teto presentará na gala inaugural a súa obra A Maxia da Santa Compaña.
Unha vintena de magos encherán de trucos e misterios a cidade entre o domingo día 1 de novembro e o sábado día 7 dentro do programa da sétima edición da Semana Internacional da Maxia. Lugo Máxico 2009, organizado pola Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo en colaboración co colectivo Waldemar e a productora Abracadabra Produccións, presentará este ano algunhas novidades que sen dúbida asombrarán aínda máis ao público lucense, segundo indicaron os organizadores.

A nova edición da semana da maxia foi presentada pola Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, o presidente do colectivo máxigo Waldemar, José Antonio Díaz, e o Mago Rafa. A maxia será a actividade principal nesta semana na que haberá representacións de máis de vinte magos de procedencia local, galega, nacional e internacional para todas as idades e en distintos espazos públicos.

A Concelleira expresou a súa satisfacción por "presentar un ano máis a Semana Internacional da Maxia e indicou que se trata dun festival moi consolidado, pioneiro en Galicia e de referencia en España", e engadiu "estamos moi contentos por seguir apostando por un evento que chama a atención de maiores e pequenos, sexan cales sexan os seus gustos chega a todo o público". Burgo indicou que "queremos levar a maxia a todos os lugares da cidade: ao Auditorio Municipal, á rúa, ás asociacións, aos locais..."

O presidente de Waldemar resaltou que "cada ano se fala máis de maxia en Lugo e da maxia de Lugo fóra da cidade". Díaz suliñou ademais os tres pés fundamentais que fan posible este evento: "o apoio do Concello dende o primeiro ano, o público que enche ano tras ano os lugares onde hai maxia e a prensa que recolle todos os actos que se desenvolven durante esta semana na cidade".

Pola súa banda, o Mago Rafa explicou que este ano esta xuntanza de magos "conta con máis espectáculos que nunca".

O programa desta edición arrinca o domingo 1 de novembro coa actuación do Mago Teto ás 19.30 horas no Auditorio Municipal. Nesta gala inugural presentará o seu espectáculo máxico-teatral A maxia da Santa Compaña.

Haberá outras dúas galas de pago. O venres día 6 coa gala unipersoal do mago alemán Markus Zink, considerado o mellor espectáculo do mundo e que actúa por primeira vez en España, e o sábado 7 a gran Gala Internacional que contará co mago Jandro como maestro de ceremonia. Nesta gran cita da maxia mundial participarán ademais o mago Mirko que é o mago máis premiado internacionalmente, o Silvestre The Jester, Gaetam Bloom, Gavilán e Ynke (premio mundial de maxia de grandes ilusións).

As entradas para asistir ás galas están xa á venda en www.caixanova.es e na taquilla telefónica 902 504 500. Poderán adquirirse tamén unha hora antes do inicio do espectáculo na taquilla do Auditorio Municipal Gustavo Freire. Os prezos serán de 10, 8 e 5 euros segundo a zona.

Este ano cóntase ademáis cunha novidade: tres sesións de maxia extrema a cargo do mago Víctor Cerro que tratará de escapar de 60 metros de corda, dunha camisa de forza colgado a 20 metros de altura e soltarse duns grilletes atados a un Hammer. Terán lugar o martes día 3 e o mércores 4 ás 20.00 horas na Praza de Santa María e o xoves 5 ás 20:00 horas no tramo peonil da Ronda da Muralla.

Pero ao longo de toda a semana haberá numerosos espectáculos máxicos en diferentes puntos da cidade a diferentes horas do día.

Consulta O Programa.

 

por dilam
- 2458 lecturas
enlugo maxia
blog comments powered by Disqus