Lugo acolle a celebración do campionato galego e do Cantábrico de Pentatlon Moderno

Desenvolverase en diferentes instalacións deportivas municipais o luns 7 de decembro
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, Francisco Villanueva Presidente da Federación de Triatlón e Pentatlón, e José Manuel Rozas, Xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, presentaron o Campionato Galego e do Cantábrico de Pentatlón Moderno que terá lugar o vindeiro luns na cidade.

O Concelleiro explicou que "os aficionados lucenses terán a oportunidade de disfrutar das especialidades deportivas que compoñen o pentatlón moderno".

A competición comezará ás 11.00 horas na galería de tiro municipal, continuando ás 11.45 horas a proba de esgrima no pavillón da Casa do Deporte. Ás 13.30 comezarán na Piscina das Pedreiras as probas de natación. A competición rematará coas carreiras nas pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera ás 14.15 horas.

A Competición contará cun total de 70 participantes de Galicia, Cantabria e Asturias, 24 deles serán atletas lucenses.

As categorías Cadete, Xuvenil e Junior participarán nas catro modalidades deportivas, mentres que os máis cativos participarán soamente en 3 probas: tiro, natación e carreiras.

Vía || lugo.es

por dilam
- 1773 lecturas
enlugo pentatlon
blog comments powered by Disqus