O Concello de Lugo aproba o cambio de ubicación do mercado de antigüedades e coleccionismo

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto da ordenanza reguladora do mercado de antigüedades e coleccionismo que modifica a súa ubicación habitual na Praza da Soidade ao fondo da Praza Maior. Os días de chuvia o mercado desenvolverase nos soportais da Praza do Campo.
O día de celebración será o segundo e terceiro domingo de cada mes e o horario de venda será de 10,30 a 14 horas. A Xunta de Goberno Local outorgará as autorizacións por un período dun ano. A nova ordenanza irá ao Pleno do 28 de decembro.

por dilam
- 2100 lecturas
antiguedades enlugo mercado
blog comments powered by Disqus