Contos dos nosos avós 1112 (en galego)
Unha vez falaban o gato e o raposo.
-¿Cantas mañas sabes? -Díxolle o raposo ó gato. -Unha. ¿E ti cantas sabes?
-Eu mil. -Contestou o raposo.
Nisto viron dous cans que viñan collelos. O gato subiu a unha árbore, e os cans mataron ó raposo, que quedou cos dentes regañados.
O gato mirando ó raposo dende a árbore díxolle: ¡Oe, mil mañas! ¿Ris ou regañas?
VER MAIS