ene 26

Lugo 10

dilam @10:33:55, tb, 197 lecturas.

Lugo10


O 30 de novembro do 2010 cúmprense 10 anos dun dos fitos que marcaron, sen dúbida, un dos momentos máis importantes da historia moderna de Lugo: a concesión pola UNESCO do título de Patrimonio Mundial á Muralla Romana de Lugo.

Esta distinción marcou un antes e un despois na forma de pensar dos lucenses, na autoestima e o orgullo dunha sociedade que avanzaba cara o século XXI.

Este premio, dalgún xeito contribuiu a que Lugo espertase, a cidade convenceuse de que tiña que ir facéndose un oco no camiño da modernización, respectando con orgullo a súa historia e o seu rico pasado romano.

Para que este cambio tivese lugar foi fundamental o papel que tivo a cidadanía que se implicou ao 100% nese proxecto. Por iso este aniversario ten a trascendencia de ser ademais unha homenaxe a un cambio de mentalidade.

Celebramos os 10 anos dese gran día, e somos conscientes da necesidade de recuperar ese espírito de traballo en equipo, solidario e autoesixente, que naceu na cidade de Lugo aquel 30 de novembro ao comprender que o nome de Lugo soa en todo o mundo con respecto.

O Concello de Lugo quere seguir contribuíndo a convertir a Lugo nesa cidade sobresaínte que todos comezamos a soñar ese día e que se viu enormemente fortalecida cando o mundo enteiro recoñeceu o gran tesouro que é o noso patrimonio.

Sobre esa idea versará todo un programa de actividades e actos que se desenvolverán ao longo do ano, e que estarán dirixidos á cidadanía en xeral.

Todo o que se consegue na cidade de Lugo é grazas ao traballo de moitas persoas que apostan ao grande para que as cousas saian ben. Todas esas persoas son as verdadeiras protagonistas desta conmemoración.

Por iso queremos que a programación que se poña en marcha inclúa numerosas actividades na rúa. Cada acción que se programe debe ter como protagonista á Muralla, o pasado romano da cidade e o Camiño de Santiago que pasa por Lugo e que no ano 2010 ten un gran protagonismo coa celebración do Xacobeo. Neste senso seguimos á espera de que a Xunta decida o grao de compromiso que desexa adquirir con Lugo e con este aniversario.

MÁS INFORMACIÓN: lugo.es

Technorati tags: Lugo Lugo10 Muralla_Lugo


Escribe tu comentario
 
 
Guardar datos
Escribe tu comentario:
captcha


Intenta que tu comentario sea interesante y con información relevante al tema de la entrada. BBCodes disponibles: [url=http://direccion]texto[/url], negrita: [b]texto[/b], itálica: [i]texto[/i], subrayada: [u]texto[/u]. Para mencionar o citar a alguien (quote): [cita]texto[/cita]