Contos dos nosos avós 1187 (en galego)

Estaban un día o lobo e o raposo leriando, e díxolle o lobo ó raposo: - Eu son máis forte.
E contestoulle o raposo:
- Non, máis forte é o home.
E dixo o lobo:
-¡Quérome ver eu con ese home!
E puxéronse por detrás dun valado. Dixo o raposo:
- Xa che direi cal é o home para enfrontarte a el.
Pasou un vello, e díxolle o lobo ó raposo:
-¿Ese é o home?
- Ese foino.
Contestou o raposo
Pasou un neno para a escola, e dixo o lobo:
-¿Ese é o home?
- Ese serao.
Contestou o raposo
Veu un cazador ben aparellado e dille o raposo ó lobo:
- Ese é un home.
E salta o lobo tras do valado para o camiño e o cazador sacou a escopeta e disparou.
O lobo marchou como puido para onde estaba o raposo.
- ¿Qué tal che foi co home?
- Meu Deus, sacou un pau mouro e torto que aínda ben non fixo "plas" xa fixo no meu cu "zas".

VER MAIS

por dilam
- 2270 lecturas
contos engalego refranes
blog comments powered by Disqus