Lugo. Show de Dani Mateo
O espectáculo do humorista que está a triunfar por toda España chega a Lugo o vindeiro 25 de abril.
O domingo 25 de abril ás 20.30 horas chegará á cidade, englobado dentro da programación de Lugo10, o espectáculo do monologuista e actor Dani Mateo que está a triunfar en salas, teatros e auditorios de toda España.
Continúan á venda as entradas a un prezo de 18 euros na zona A, 16 na B e 14 na C, a través da taquilla telefónica 902 504 500 e na web www.caixanova.es .
Dani Mateo forma parte do equipo do programa "Se lo que hicisteis la última semana" xunto a Patricia Conde, Ángel Martín e Miki Nadal, entre outros. Mateo participou tamén na serie de televisión La familia Mata.
É licenciado en Periodismo pola Universidade Autónoma de Barcelona, e os seus primeiros tropezos profesionais deunos en diversas radios locais e con 18 anos dirixía e presentaba un programa de humor na televisión da súa localidade.
Traballou en Catalunya Radio, Onda Cero, Radio Gracia, Ona Catalana, RAC 1 e Flaix FM.
Gracias a un amigo métese no mundo dos monólogos e entra na plantilla de Paramount Comedy presentando Noche sin tregua. Desde entón, actuou por toda a xeografía española cosechando grandes críticas e sendo considerado como un dos mellores monologuistas deste país.
Vía || lugo.es