Mercadillo de Trastos Belos Cidade de Lugo

Durante os días 12 e 13 de xuño terá lugar na praza do Seminario Menor o primeiro Mercadillo de Trastos Belos Cidade de Lugo.
Foi presentado hoxe polo Concelleiro de Deportes e Turismo, José Manuel Díaz Grandío, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e o organizador do evento José Novo.

A intención deste mercadillo, ademais de divulgar o nome de Lugo e os seus patrocinadores tanto a nivel nacional como internacional, é ser un referente anual neste tipo de eventos. Díaz Grandío resaltou que "este mercado se convertirá nun importante evento para a nosa cidade que atraerá a xente da cidade pero tamén de fóra".

No primeiro mercadillo de trastos belos poderanse encontrar: compraventas de motos e repostos antigos e clásicos, compravenda de coches clásicos, exposición de maquinaria agrícola, así como unha ampla gama de exposición tanto en coches, motos e aperos antigos.

Haberá vehículos emblemáticos como Bultaco, Montesa, Ossa, BMW, Seat,... procedentes de colecciones particulares e de clubes de toda España. Neste mercadillo non sólo se poderán admirar e mercar algúns dos numerosos vehículos antigos que se mostren na exposición senon que poderán adquirir aqueles recambios necesarios apra o mantemento dos "clásicos" e que son tam complicados de atopar. Xa está confirmada a participación de maís dunha veitena de expositores nacionais e internacionais.

Horario de apertura:
- Sábado 12 de xuño de 10:00 a 20:00 horas.
- Domingo 13 de xuño de 10:00 a 15:00 horas.
Prezo de entrada ao recinto: 2 euros.

Vía || noticiasgalicia.com

por dilam
- 1959 lecturas
enlugo mercadillo trastosbelos
blog comments powered by Disqus