dic 29

Debut da Selección Galega

dilam @19:16:03, tb, 163 lecturas.

29/12/2005
FUTBOL
Galicia: de todos

HOXE chega un vello desexo de moitos de nós: o debut real -sen lembrar a prehistoria do fútbol- da selección galega. En contra do que latricaban os sucursalistas de Madrid, temos pernas e corazóns suficientes para artellar un equipo moi competitivo, que non é peor que unha Chequia ou un Eire. O debut de Galicia abre a porta a un soño que acariñamos algúns: xogar algún día todo un Mundial. Se Escocia e Gales, con moito menos autogoberno que nós, están aí, ¿por que non Galicia?
Hoxe é un día ledo, pois, para o país. Pero a festa é de todos os galegos. Non sería nin xusto nin elegante que a fantástica selección galega pasase a ser unha marca política máis ao servizo do terceiro partido de Galicia, que, para ben ou para mal, tan só representa a día de hoxe ao 18% dos votantes galegos.

Fuente:La Voz de Galicia.
Autor:LUIS VENTOSO
Technorati tags: deportes futbol seleccion gallega


Escribe tu comentario
 
 
Guardar datos
Escribe tu comentario:
captcha


Intenta que tu comentario sea interesante y con información relevante al tema de la entrada. BBCodes disponibles: [url=http://direccion]texto[/url], negrita: [b]texto[/b], itálica: [i]texto[/i], subrayada: [u]texto[/u]. Para mencionar o citar a alguien (quote): [cita]texto[/cita]