Ars Magirica, xornadas de degustación previas ao Arde Lucus 2012

 

 

Ars Magirica

 

Nela participan 46 bares e restaurantes, 6 panaderías, 6 pastelerías e 2 establecementos de alimentación. A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, acompañada por diferentes membros das asociacións de hostelería de todos os barrios da cidade presentaron o programa do Ars Magirica que se encadra dentro das actividades do Arde Lucus 2012.
Trátase dunhas xornadas gastronómicas que complementan ao resto de actividades pero dende un punto de vista culinario, de maneira que os cidadáns poidan coñecer as costumbres gastronómicas da época. Nela participan 46 establecementos hosteleiros que entre os días 8 e 22 de xuño ofrecerán tapas e menús degustación de época romana e castrexa e con produtos que se empregaban nesa época. Esto irá acompañado da tarta do Arde Lucus, elaborada con améndoas e noz, e que estará a venda nas pastelerías da cidade e que, ademais, ofrecerán outros postres característicos. Tamén as panaderías quixeron participan na festa e nalgunhas delas poderase adquirir distintas variedade de pan romano.

Mais Información: lugo.es

Programa Ars Magirica 2012:

por dilam
- 1863 lecturas
ardelucus arsmagirica enlugo
blog comments powered by Disqus