Musical, O Camiño, en Lugo
Venres día 30, na Praza de Santa María terá lugar o musical 'O Camiño' "O CAMIÑO" é un musical a cabalo entre a lenda e a realidade. De Roncesvalles ata Santiago peregrinos de toda Europa comezan a camiñar en dirección á capital galega.
Aquela que foi unha igrexa de ladrillos de barro foi pouco a pouco converténdose nunca catedral de grandes proporcións,sempre rodeando o lugar onde se atopou ó arca cos restos sagrados do Apóstolo Santiago. Xurdiu unha nova terminoloxía, a do peregrino, viaxeiro a Compostela. O peregrino acostumaba ser unha víctima apetecible do camiño, solitario e pouco coñecedor do terreo, e de timadores e rufiáns.
O camiñante vai indefenso polo camiño sendo partícipe e testemuña das costumes, lugares, xentes, paisaxes e perigos. Entender o significado desta viaxe é dar sentido ó 'CAMIÑO'.
Vía: | noticiasgalicia.com