Lugo. Semana Europea da Mobilidade 16 ao 22 de setembro
A Semana Europea da Mobilidade constitúe unha iniciativa impulsada pola Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea desde o ano 2000 que pretende influír a longo prazo en cuestións relacionadas coa mobilidade e os transportes urbanos, así como mellorar a saúde e a calidade de vida da cidadanía europea. Ante a crecente preocupación da cidadanía europe a pola calidade do aire que respiran, a sétima edición da Semana Europea da Mobilidade organizouse en torno ao tema "¡Aire limpo para todos!". Anímase ás autoridades locais a organizar actividades de sensibilización da poboación acerca da calidade do aire, así como a lanzar medidas permanentes que axuden a reducir o nivel de emisións de CO2 procedentes do sector do transporte. Anímase vivamente ás autoridades locais a que utilicen a Semana como ferramenta para o desenvolvemento de medidas planificadas e para ensaiar coa súa cidadanía novas medidas relacionadas co transporte.
Esta semana é a oportunidade perfecta para que as partes interesadas a nivel local se reúnan e discutan os diferentes aspectos relacionados coa mobilidade e a calidade do aire. É así mesmo unha boa plataforma para propor solucións innovadoras que permitan reducir o uso do automóbil e, con iso, as emisións de CO2, así como para probar novas tecnoloxías ou planificar medidas.
Por iso, un ano máis,o Concello de Lugo quere colaborar na reducción do uso do coche pola cidade e na concienciación cidadá para contribuir á conservación do medio ambiente mediante un completo programa de actividades para promover entre os lucenses a utilización do transporte público e da bicicleta.
Más Información: lugo.es