Xogos reunidos para a mocidade de Lugo
O Concello de Lugo organiza unha nova actividade dirixida a mocidade lucense: Xogos reunidos. Celebraranse todos os xoves de xullo entre as 20:00 e as 22.00 horas na Casa da Música.
O Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre, organiza para os xoves do mes de xullo unha nova actividade dirixida á mocidade lucense de entre 12 e 35 anos.
Entre as 20:00 e as 22:00 horas as persoas que se acheguen ata a Casa da Música do Concello de Lugo poderán disfrutar da actividade Xogos Reunidos. Poranse á disposición dos asistentes diferentes consolas de videoxogos.
A entrada para participar nesta nova actividade será totalmente gratuíta.