argalladas blog: Tag adivinas

  • Adiviñas 1476

    por dilam
    - 2229 lecturas

    Somos sete irmáns que só vivimos un día cando un nace, outro morre e así pasámo-la vida. (respuesta) A semana   Ver máis:

  • Adiviñas 1471

    por dilam
    - 2520 lecturas

    Voo sen ás, asubío sen boca azouto sen mans, e ti non me ves. (respuesta) O vento   Ver máis:  

  • Adiviñas 1370

    por dilam
    - 2440 lecturas

    Cen damas nun curral todas bailan un bailar, todas cantan un cantar, que será para adiviñar. (resposta) As goteiras   Ver máis:  

  • Adiviñas 1364

    por dilam
    - 2573 lecturas

    Alto pimpín redondo molete que chova, que neve, non se derrete. (resposta) O sol   Ver máis:  

  • Adiviñas 1345

    por dilam
    - 2261 lecturas

    Pucho sobre pucho, pucho do mesmo pano, senón cho digo, non adiviñas no ano. (respuesta) A cebola   Ver máis:

  • Adiviñas 1290

    por dilam
    - 2782 lecturas

    De día, traca, traca, traca, e de noite baixo a cama. (respuesta) Os zapatos     Ver máis:

  • Adiviñas 1282

    por dilam
    - 2330 lecturas

    Alto de pernas, delgado de bóla, e en cada póla, unha perindola. (respuesta) O pino     Ver máis:

  • Adiviñas 1265

    por dilam
    - 2309 lecturas

    ¿Que é unha cousiña, cousa que os ricos gardan e os pobres tiran?. (respuesta) Os mocos     Ver máis:

  • Adiviñas 1097

    por dilam
    - 2582 lecturas

    Imos a durmir, imos ó que manda Deus facer, xuntemos pelo con pelo e o peladiño no medio (respuesta) O ollo   Ver máis:

  • Adiviñas 1032

    por dilam
    - 2483 lecturas

    Na horta fun criada, atada con verdes lazos aquel que chora por min estame partindo a pedazos. (respuesta) A cebola   Ver máis:

  • Adiviñas 1012

    por dilam
    - 3761 lecturas

    De buraco en buraco sempre coas tripas de arrastro. (respuesta) A agulla co fio   Ver máis:

  • Adiviñas 987

    por dilam
    - 17279 lecturas

    Adiviña, adiviñanza Canto máis hai menos se ve. (respuesta) A escuridade   Ver máis:

  • Adiviñas 937

    por dilam
    - 3268 lecturas

    Aínda que ten dentes e garda a casa nin roe nin ladra. (respuesta) A chave   Ver máis:

  • Adiviñas 844

    por dilam
    - 3674 lecturas

    Un fato de señoras, que cando mexa unha, mexan todas. (respuesta) As goteiras   Ver máis:

  • Adiviñas 698

    por dilam
    - 5941 lecturas

    O que o fai, non o quere o que o compra non o usa e o que o usa non o ve. (resposta) O ataúde   Ver máis:

  • Adiviñas 683

    por dilam
    - 4772 lecturas

    ...adiviña adiviñanza ¿que cousiña é?, que canto máis lle quitas, máis grande é. (respuesta) O furado   Ver máis:

  • Adiviñas 662

    por dilam
    - 5187 lecturas

    Nacín na auga na auga me criei se me pos na auga na auga morrerei (respuesta) O sal   VER MÁIS

  • Adiviñas 644

    por dilam
    - 6611 lecturas

    Na horta do meu amo hai un galiño francés. Ten dentes e non ten boca, ten cabeza e non ten pés. (Respuesta) O allo Ver mais...

  • Adiviñas 625

    por dilam
    - 4930 lecturas

    Adiviña, adiviñanza ¿Cal é o bicho que máis pica na panza? (respuesta) A fame   Ver máis:

  • Adiviñas 617

    por dilam
    - 7246 lecturas

    ...adiviña adiviñanza que animal leva os pés na cabeza (respuesta) O piollo   Ver máis: