Lugomáxico 2014

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por Manuel Lamas, Presidente do Colectivo Máxico Waldemar que aglutina aos magos de Lugo, e os Magos Rafa e Teto, presentaron a XI edición de Lugo Máxico, a Semana Internacional de Maxia de Lugo.

Desta maneira, Lugo, converterase na capital galega da maxia entre o 4 e o 10 de maio onde se darán cita máis magos chegados de diferentes partes do mundo e que farán máis de 60 espectáculos en diferentes espazos da cidade.

Haberá diferentes actividades polas rúas da cidade ademais de tres galas no Auditorio Gustavo Freire .

Como novidade faranse representacións no Museo Interactivo da Historia de Lugo e na Ponte Romana.

PROGRAMA DEFINITIVO LUGO MAXICO

por dilam
- 2105 lecturas
enlugo lugomaxico2014
blog comments powered by Disqus