Cantares dos nosos avós 977 (en galego)
Heime de embarcar nun barco, nun barquiño de papel, andareime toda a vida para ver ó meu Manuel. VER MAIS
Heime de embarcar nun barco, nun barquiño de papel, andareime toda a vida para ver ó meu Manuel. VER MAIS
Naquela banda do río ten meu pai un castiñeiro; dá castañas en agosto, uvas blancas en xaneiro. VER MAIS
Namoreime de ti, nena, ó ver que cantabas ben; ahora morro de fame; teu cantar non me mantén. VER MAIS
Moreniño, moreniño, moreno como unha mora. Non sei que ten o moreno que a todo o mundo enamora. VER MAIS
Aínda que ten dentes e garda a casa nin roe nin ladra. (respuesta) A chave Ver máis:
O cura desta parroquia deixa dito a criada: nena, si non veño logo, déitate na miña cama. VER MAIS
Cada vez que vou á misa e che vexo persinar, os ollos poño en tí e o corazón no altar. VER MAIS
Neniña que estás na cama entre sábanas de liño: tes unha mau na tetiña, e a outra no paxariño. VER MAIS
Unha vella moito vella, máis vella que un San Antón, botaba a teta ó lombo, e arrastráballe o pezón. VER MAIS
Non hai cantiga no mundo que non teña seu refrán; nunca ninguén faga conta senón do que ten na man. VER MAIS
Estate quedo, non seas enredo, ainda que esto digo enreda conmigo. VER MAIS
Troquei o meu corazón, por un ramiño de ameixas. Vaite con Dios, corazón, xa que te vas e me deixas. VER MAIS
-Cocer nun pouquiño de auga, o zume de medio limón e unha cullerada de mel, deixalo repousar durante media hora e tomalo antes de deitarse. VER MÁIS:
Unha noite no muiño, unha noite non é nada; unha semana enteira, esta si que é muiñada. VER MAIS
A castaña no ourizo arrabea e non cae, así fai a boa nena que se guía por seu "pae" VER MAIS
"Cada un fala da feira sgundo lle vai nela". VER MÁIS:
Cando o galo pica á pita, aínda, aínda. Cando a pita pica ó galo, malo, malo. VER MÁIS...
Febreiro, xeada na leira, cachopo na lareira. VER MÁIS...
Un fato de señoras, que cando mexa unha, mexan todas. (respuesta) As goteiras Ver máis:
-Preguiza ¿queres pan? -Si señora se mo dan -Preguiza, vai polo coitelo. -¡Ai! non Señora, non o quero. VER MAIS