Cantares dos nosos avós 1106 (en galego)
Fun ao muiño do meu compadre, fun polo vento, vin polo aire. VER MAIS
Fun ao muiño do meu compadre, fun polo vento, vin polo aire. VER MAIS
Eu arrolei a miniña, eu arrolei o amor, eu arrolei a rapaza, outro levoulle o mellor. VER MAIS
Manuel Manueliño, Manuel feito de cera. ¡Quen me dera ser o lume que a Manuel derretera. VER MAIS
O cura chamoume rosa, eu tamén lle respondín, desas rosas, señor cura, non as ten no seu xardín. VER MAIS
Anque che son da montaña, anque che son montañesa, anque che son, non me pesa. VER MAIS
Este neno ten soniño, ten ganiñas de durmir, ten un olliño pechado, outro xa non pode abrir. VER MAIS
O paxaro, cando chove, mete o rabo na silveira, así fan as boas mozas cando non hai quen as queira. VER MAIS
Mais o que ben quixo un día, si a querer ten afición sempre lle queda unha mágoa dentro do seu corazón VER MAIS
Heime de embarcar nun barco, nun barquiño de papel, andareime toda a vida para ver ó meu Manuel. VER MAIS
Naquela banda do río ten meu pai un castiñeiro; dá castañas en agosto, uvas blancas en xaneiro. VER MAIS
Namoreime de ti, nena, ó ver que cantabas ben; ahora morro de fame; teu cantar non me mantén. VER MAIS
Moreniño, moreniño, moreno como unha mora. Non sei que ten o moreno que a todo o mundo enamora. VER MAIS
O cura desta parroquia deixa dito a criada: nena, si non veño logo, déitate na miña cama. VER MAIS
Cada vez que vou á misa e che vexo persinar, os ollos poño en tí e o corazón no altar. VER MAIS
Neniña que estás na cama entre sábanas de liño: tes unha mau na tetiña, e a outra no paxariño. VER MAIS
Unha vella moito vella, máis vella que un San Antón, botaba a teta ó lombo, e arrastráballe o pezón. VER MAIS
Non hai cantiga no mundo que non teña seu refrán; nunca ninguén faga conta senón do que ten na man. VER MAIS
Estate quedo, non seas enredo, ainda que esto digo enreda conmigo. VER MAIS
Troquei o meu corazón, por un ramiño de ameixas. Vaite con Dios, corazón, xa que te vas e me deixas. VER MAIS
Unha noite no muiño, unha noite non é nada; unha semana enteira, esta si que é muiñada. VER MAIS