Cantares dos nosos avós 1205 (en galego)
¡Para o probe non hai padriño. Nin porta ningunha aberta ¡Para o probe non hai nin xustiza se o brazo torto non leva!. VER MAIS
¡Para o probe non hai padriño. Nin porta ningunha aberta ¡Para o probe non hai nin xustiza se o brazo torto non leva!. VER MAIS
Estaban un día o lobo e o raposo leriando, e díxolle o lobo ó raposo: - Eu son máis forte. E contestoulle o raposo: - Non, máis forte é o home. E dixo o lobo: -¡Quérome ver eu con ese home! E puxéronse por detrás dun valado. Dixo o ...
O galo canta, a pita chora, porque lle quedaron, os pitos fora. VER MAIS
Canta paxariño, canta que tes alegría, que non se fai cousa de noite que non se saiba de día. VER MAIS
Catro aves escolllidas son as que pasan o mar: o cuco e a golondrina, a rula e o paspallás. VER MAIS
Contan que... Unha moza que ía de mañanciña para o muíño co saco na cabeza, bateu co mozo no carreiro, e puxéronse de parola, cando xa de anoitecida a moza dixo: "días de maio, días de amargura aínda non amence xa é noite escura". VER MAIS
Unha vez falaban o gato e o raposo. -¿Cantas mañas sabes? -Díxolle o raposo ó gato. -Unha. ¿E ti cantas sabes? -Eu mil. -Contestou o raposo. Nisto viron dous cans que viñan collelos. O gato subiu a unha árbore, e os cans mataron ó raposo, que quedou cos dentes ...
Fun ao muiño do meu compadre, fun polo vento, vin polo aire. VER MAIS
Eu arrolei a miniña, eu arrolei o amor, eu arrolei a rapaza, outro levoulle o mellor. VER MAIS
Manuel Manueliño, Manuel feito de cera. ¡Quen me dera ser o lume que a Manuel derretera. VER MAIS
O cura chamoume rosa, eu tamén lle respondín, desas rosas, señor cura, non as ten no seu xardín. VER MAIS
Anque che son da montaña, anque che son montañesa, anque che son, non me pesa. VER MAIS
Este neno ten soniño, ten ganiñas de durmir, ten un olliño pechado, outro xa non pode abrir. VER MAIS
O paxaro, cando chove, mete o rabo na silveira, así fan as boas mozas cando non hai quen as queira. VER MAIS
Mais o que ben quixo un día, si a querer ten afición sempre lle queda unha mágoa dentro do seu corazón VER MAIS
Heime de embarcar nun barco, nun barquiño de papel, andareime toda a vida para ver ó meu Manuel. VER MAIS
Naquela banda do río ten meu pai un castiñeiro; dá castañas en agosto, uvas blancas en xaneiro. VER MAIS
Si en verano soy cigarra, y de septiembre a mayo hormiga, no te apures madre mía, que ha de irme bien la vida VER MÁS
Namoreime de ti, nena, ó ver que cantabas ben; ahora morro de fame; teu cantar non me mantén. VER MAIS
Moreniño, moreniño, moreno como unha mora. Non sei que ten o moreno que a todo o mundo enamora. VER MAIS